Conta atrás para o inicio do campus de ximnasia rítmica de Baiona

O Club Ximnasia Rítmica As Estelas organiza a próxima semana do 7 ao 11 de agosto a sétima edición do seu campus de verán dedicado en exclusiva a este deporte.

A ximnasia rítmica está nestes momentos dentro dun marco deportivo de referencia, a selección española de ximnasia rítmica leva cultivando neste último ciclo olímpico un sen fin de éxitos deportivos, o máis importante a medalla de prata conseguida nas Olimpíadas de Río o pasado verán. E Alejandra Quereda, a súa capitá, visitou Baiona o pasado mes de xuño para impartir unha masterclass a máis de 50 ximnastas.

Desde o Club queren que aquelas nenas/os que tras ver en prensa ou televisión algo de ximnasia rítmica e queiran coñecer máis preto este deporte teñan esa oportunidade. O campus está dirixido a nenas e nenos de 4 a 14 anos en horario de 10:00 a 14:00 horas no Pavillón de Deportes de Baiona, lugar onde os interesados pódense inscribir.

Durante esta semana as adestradoras, María Oliveira Martínez, ximnasta en categoría promoción cun palmarés deportivo de terceira clasificada en campionatos provinciais e galegos, e Alejandra López Pérez, Xuíz nacional con experiencia en campionatos nacionais e autonómicos, ensinasen aos/as participantes as técnicas dos diferentes aparellos (corda, aro, mazas, cinta e pelotazo), técnicas de mans libres, obradoiro de maquillaxe, deseño de Mallots, xogos, excursión á praia. Unha semana de deporte e diversión.

Anuncios