Anuncios
Ticker de novas

O “Roberto Sendinho Team” gaña o XVIII Torneo de Volei Praia de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // O "Roberto Sendinho Team" co trofeo de campión.

A Praia da Ladeira acolleu o sábado o XVIII Torneo de Volei Praia “Gran Premio Villarosa-La Caixa”. Preto de 150 deportistas repartidos en 34 equipos -28 de adultos e 6 de categoría Sub-14-, participaron no primeiro dos catro torneos que organiza o Concello de Baiona durante os meses de xullo e agosto.

A competición, organizada polo Club Vigo Voleyball conxuntamente coa Concellería de Deportes do Concello de Baiona, comezou ás 10:00 da mañá e desenvolveuse en dúas fases, a primeira con grupos en sistema de liga todos contra todos a 1 set de 21 puntos e as fases eliminatorias cun sistema de eliminación directa ao mellor de 3 sets a 15 puntos. No caso da competición Sub-14 os partidos comezaron ás 16:00 horas.

O equipo vencedor desta XVIII edición foi o “Roberto Sendinho Team”, tras derrotar aos “Superbrosios” na gran final. “GTC” e “Patos Beach” foron os equipos semifinalistas.

No cadro de consolación 1 o equipo campión foi “Mijeles Team”, quedando subcampión o “Sporting de Patos”, e como semifinalistas o “Leche con café” e “Inter de Patos”.

“Los Sánchez” gañaron no cadro de consolación 2, sendo os subcampións “Los Parrulos”. “Veteranos del Vao” e “Royal Cup” foron os equipos semifinalistas.

Na categoría Sub 14, os campións foron “Al Agua Patos”, despois de vencer na final a “Darth Vader”. “Los Celtas de Voley” e “Los lobos” chegaron ás semifinais.

Tamén participaron “Trivao”, “Los de Ayer”, “La TNT”, “Basketeros”, “Superbebientes”, “Rufos Team”, “Cajas Team”, “Chupium”, “Cochi-nadas”, “Ta Favorable”, “Felices los Tres”, “Croquetas”, “Los amos del barrio”, “Voley Bitch”, “Sindrias Bojas”, “Tamo Activo”, “Murallas Beach”, “Los Guerreros” e “Los Super Pekkas”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios