Anuncios
Ticker de novas

Exposición de pintura “Versos Antagónicos” no Liceo Marítimo de Baiona

Dentro da programación de exposicións de verán, o Liceo Marítimo de Baiona inaugura o 1 de agosto a mostra de pintura de Nacho C. Beiro e Rosana Calvo “Versos Antagónicos”.

Os artistas se aúnan, desde as súas diferentes linguaxes, para mostrar as súas obras realizadas en técnicas que van desde o acrílico ata o gravado, acuarela…

Baixo o título de “Versos Antagónicos” os artistas debúxannos, aínda que equidistantes, dous mundos paralelos de contido intimista aflorando os seus respectivos sentires.

A mostra estará aberta ata o 15 de agosto de 18:00 a 21:00 horas.

Anuncios