Abren as inscricións para participar no I Trail Duatloia Costa dos Castros

O Club de Montaña e Atletismo As Lebres de Oia organiza o próximo 10 de setembro o I Trail Duatloia Costa dos Castros. A saída será ás 10:30 da mañá desde a pista deportiva de Viladesuso, situada no Serrallo, no Concello de Oia.

Como novidade respecto aos dúatlons sprint, destaca a distancia a recorrer a pé xa que vai ser un total de 10km. Como de costume neste tipo de probas, os tramos serán breves pero intensos.

O primeiro sector do trail, o percorrido a pé, constará de 2,5km onde tanto os primeiros como os últimos 300 metros serán en asfalto e o resto por zona de monte. O segundo sector será máis longo, cunha distancia de 7,5km, dos cales os primeiros 150 metros e os últimos 600 metros serán en asfalto e o resto por zona de monte, podendo desfrutar do seu paso polo castro do Rei Sol (punto máis alto da proba) e paso tamén polo primeiro parque privado de Galicia como é As Sobreiras do Faro de Viladesuso.

O tramo de BTT constará de 18km, cos primeiros e últimos 700m en asfalto e o resto por zona de monte. Transitará por lugares de interese histórico como pode ser a zona dos castros da Cabeciña e o curro de Mougás.

Tanto na zona de saída/chegada como na transición, situada na Praza de Mougás, haberá algunha sorpresa para os participantes e sobre todo moito ambiente.

En canto o tipo de modalidades de inscrición, pódese competir por individual, equipos masculino, feminino ou mixto.

Contarase con cronometraxe dual RFD mediante chip a cargo de Galitiming, pantalla con resultados en directo, reloxos electrónicos con crono na liña de meta e na transición, camiseta técnica conmemorativa, e dorsal personalizado en Tyvek.

Todos os participantes individuais ou por equipos deben ter as súas bicicletas no box de transición antes das 10:00 da mañá (30 minutos antes da saída), e os atletas deberán presentarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.

As inscricións poderanse realizar desde o 1 de agosto ata o 3 de setembro (ou ata completar as 300 prazas dispoñibles) na páxina web http://www.galitiming.com , enlace http://www.duaoia.galitiming.com. O custe da inscrición individual é de 15 €, mentres as de equipos, 25 €.

Máis información nas páxinas de facebook TRAIL DUATLOIA COSTA DOS CASTROS ou AS LEBRES DE OIA, no correo electrónico aslebresdeoia@hotmail.com ou nos teléfonos 600 410 055 ou 672 172 740.