Anuncios
Ticker de novas

A Casa Colorida prepara un documental sobre os proxectos autoxestionados en Grecia

FOTO: CASA COLORIDA

A Casa Colorida embarcouse na creación dun documental sobre os proxectos autoxestionados que viran dende o común a incapacidade dos gobernos coa crise humanitaria das persoas refuxiadas.

Parte do seu equipo de comunicación rulou por Grecia, documentando e coñecendo de primeira man proxectos e procesos asemblearios que xera a cidadanía dende a intelixencia colectiva, creando novas institucionalidades e intervindo no entorno cara un novo mundo posible, acompañando aos compañeiros de Axuda Directa ós refuxiados en Grecia.

O vídeo foi realizado no mes de abril por Muqi Muchikichi Appleseed dende o colectivo da Casa Colorida e editado en parcería colaborativa con Alejandra Nocomo Pescao, contando coa música dos compañeiros de Axuda Directa ós refuxiados en Grecia, Ana Mirou e Óscar García Alonso.

O documental, do que xa está dispoñible o Teaser, estrearase proximamente.

Anuncios