Festas da Nosa Señora do Libramento en Morgadáns

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Nosa Señora do Libramento en Morgadáns.

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra este fin de semana as festas na honra da Nosa Señora do Libramento. O sábado 29 de xullo a orquestra Ceniza e o grupo Canela amenizarán a verbena. O domingo 30 ás 9:00 da mañá celebrarase unha Misa na Igrexa Parroquial e ás 10:30 na Capela. Ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne na Capela seguida de procesión acompañada pola Charanga Vai de Baile, e ás 22:00 horas o Trío Azar amenizará a verbena.

Anuncios