Aínda quedan prazas para participar no Campus Urbano de Baíña

Dende o Centro Cultural e Social de Baíña informan que aínda quedan prazas para a quenda de agosto do Campus de Verán para nenos, que se desenvolverá na Casa das Novenas de Baíña, Rúa Igrexa nº 1, Baiona, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

A programación do Campus inclúe excursións á praia, xogos tradicionais, xogos de auga, busca do tesouro, xogos na natureza, obradoiros, teatro, baile, xogos colectivos e de valores e unha festa de despedida.

O prezo é de 7 euros ao día, 30 euros unha semana, 50 euros quince días e 80 euros o mes completo. O segundo irmán terá un 10% de desconto. Máis información a través do correo electrónico centroculturalbai@gmail.com.