Gondomar proxecta a película “Mi amigo el gigante”

Este martes 25 xullo ás 22:30 horas proxectarase a película “Mi amigo el gigante” no Parque Ponte das Rosas de Gondomar, dentro do programa Cultura de Verán 2017 organizado pola Concellería de Cultura.

Adaptación do conto de Roald Dahl sobre unha nena que se alía coa Raíña de Inglaterra e cun xigante bonachón para impedir unha invasión de malvados xigantes que se preparan para comerse a todos os nenos do país.

Anuncios