Os Terribles de Donas e o Coro Galego Abrente de Mos actúan en Gondomar

FOTO: OS TERRIBLES DE DONAS

A agrupación tradicional Os Terribles de Donas presentan este luns 24 de xullo en Gondomar a súa nova formación en compañía do Coro Galego Abrente de Mos. O concerto, incluído na programación Cultura de Verán 2017 organizada pola Concellería de Cultura, comezará ás 23:00 horas no Parque da Coelleira.