O Mago Javier Muro presenta o espectáculo “Sintonía Máxica” en Parada

O Concello de Nigrán e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a través de “Cultura no Camiño”, ofrece mañá martes o espectáculo do Mago Javier Muro “Sintonía Máxica” no Torreiro de Parada ás 19:00 horas.

Neste mesmo programa a Compañía Asacocirco actuará o 12 de agosto ás 17:30 horas na Alameda de San Campio e, finalmente, o 27 de agosto ás 17:00 horas na Praza do Concello, Troula Animación presentará a obra de teatro infantil “Hakuna Matata”.

Precisamente, a parroquia de Parada celebra dende o luns e ata o mércores as súas festas patronais en Porto do Molle, finalizando coa actuación estelar da orquestra Panorama.