O concurso da rede Instagram “Cambia a Historia” que se celebrou durante a Festa da Arribada 2019, xa ten foto gañadora. O concurso formaba parte da campaña “Agresión Off”. Eu digo non á violencia sexual”, enmarcada no acordo asinado entre a Vicepresidencia e a Axencia de Turismo de Galicia e que tiña como obxectivo difundir dita campaña nas festas de interese turístico galego, nacional e internacional, e nos festivais acollidos na marca Fest Galicia. O acordo forma parte das medidas postas en marcha ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
O concurso iniciouse o venres 1 de marzo ás 20:00 horas e rematou o luns 4 ás 12:00 horas. Tratábase de subir unha fotografía a Instagram no photocall ou cos bocadillos con mensaxes da campaña, utilizando os dous hashtags #cambiaahistoria e #agresiónOFF. A foto que acadase máis likes gañaría un smartphone Huawei Y6 2018 DS BLACK. A foto gañadora foi á pertencente ao perfil wiiiniiifeeer cuxa fotografía acadou 445 likes. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, entregou o premio a gañadora.

