Bronce para o baionés Gustavo López no Campionato Galego de Pista

Gustavo López conseguiu este domingo a medalla de bronce no Campionato Galego de Pista 2017 para as categorías cadete e infantil celebrado no Complexo Deportivo David Cal, situado no encoro de Pontillón do Castro en Verducido.

En modalidade individual (K1-Cadete), o baionés integrante do Club Kayak Tudense finalizou en terceira posición, mentres que na de barcos de equipo (K2-Cadete), xunto con Jesús Viana, ocupou o posto número oito. En ambas as dúas probas tivo que completar unha distancia de 1.000 metros.

A competición, puntuable para as ligas masculina e feminina, contou coa participación de 35 clubs do territorio galego, sumando un total de 480 embarcacións na liña de saída.

Esta proba serve ademais aos adestradores para confeccionar os seus equipos de fronte o Campionato de España de Pista das dúas categorías que se vai a celebrar o 29 e 30 de xullo na pista asturiana situada no pantano de Trasona (Avilés).