Brillante fin de semana para Ciclismo Oiense

O sábado o equipo CMB International Team de Ciclismo Oiense proclamouse vencedor da IX Subida á Groba con 623 puntos. Carlos Alonso, 33´37’’ e Jesús Montorio, 33´40’’, subiron ao podio das súas diferentes categorías. Xa na tarde, Festa da Bicicleta de Oia con gran participación de ciclistas de todas as idades, sorteo de 2 bicicletas, cantidade de agasallos e actuación do Mago Paco.

O domingo máis de 150 ciclistas federados achegáronse a Oia para tomar a saída da V Marcha Cicloturista de Oia, que percorreu 100 km polas estradas do Val Miñor e Baixo Miño, acompañados polo padriño da marcha, o dobre campión galego 2017 Aser Estévez. Para ir quentando pernas subida polo curtas pero duras ramplas do Faro de Cabo Silleiro e como pratos fortes da xornada, a subida en tramo libre ao monte Sta. Tecla, na que os ciclistas á parte da dureza das súas ramplas gozaron dunhas espectaculares vistas sobre o atlántico e o estuario do Miño. Unha vez avituallados no seu cume, renóvase a marcha cara ao val do Rosal para en Loureza, o outro tramo libre da xornada, a dura subida a Mavia para chegar pola Valga ao avituallamento de Torroña. Algúns ciclistas optaron polo tramo de Burgueira de menor esixencia física.

Despois da espectacular baixada pola Valga, pasadas as 13:30 horas, os ciclistas finalizaron en Oia para posteriormente gozar da comida de confraternidade fin de marcha, coa entrega de diversos recordos, o recoñecemento ao equipo vencedor da Subida á Groba e aos sesentóns participantes na marcha cicloturista.

Ciclismo Oiense quere agradecer ao Concello de Oia, Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Ciclismo, voluntarios e colaboradores, a súa axuda para levar a cabo con éxito estes eventos ciclistas.