Continúa a VII Semana Cultural de Parada

FOTO: CRC PARADA DO MIÑOR

O C.C.R Parada do Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, finaliza este fin de semana a súa semana cultural coa actuación o sábado do grupo Figueiredo de Portugal e o grupo de gaitas e percusión Breogán Valle Miñor. O domingo será a quenda da Escola de Danza Moderna do Concello de Gondomar e do grupo audiovisuais Valle Miñor. As actuacións son os dous días dende as 21.00 horas.