Máis de 200 inscritos na 9ª edición da Subida á Groba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este sábado 22 de xullo ás 11:00 da mañá darase saída desde o Pavillón Municipal de Deportes de Baiona á 9ª edición da Subida á Groba, evento organizado pola Concellería de Deportes.

Este ano superouse a cifra de 200 inscritos, repartidos nas categorías júnior, sénior e veteranos (masculinos e femininos), aumentando nun 10% respecto da edición anterior.

A proba é de carácter ciclo turista – ciclo deportiva de marcado carácter popular, de curta distancia pero de duro percorrido, 11 km. cun desnivel de 620 m. e unha porcentaxe de 5,6%.

Haberá trofeos para os gañadores absolutos masculino e feminino, o primeiro baionés e baionesa en alcanzar a liña de meta, para os tres primeiros clasificados de cada categoría, o participante de maior idade e o máis novo que completasen a súa participación e ao gañador por equipos.

A saída da proba será ás 11:00 horas desde o Pavillón Municipal, sendo neutralizada cun percorrido de quecemento ata a rotonda de Baredo e volta. A saída oficial será á altura da Virxe da Rocha e a meta no Alto da Groba (Poza Negra).

Para participar é obrigatorio o uso de casco protector e dunha bicicleta non eléctrica.

Os dorsais serán entregados aos participantes o día 22 de xullo a partir das 9:30 da mañá no Pavillón Municipal (lugar de saída) ata as 10:45 horas.