CaixaBank financiará aos membros da Confraría de Baiona

FOTO: CAIXABANK

CaixaBank e a Confraría de Pescadores de Baiona “La Anunciada” asinaron un acordo co obxectivo de facilitar o acceso ao crédito aos membros deste colectivo e impulsar a súa competitividade. O convenio foi subscrito pola patroa maior da Confraría, Susana González, e pola directora de CaixaBank nesta localidade, Begoña Abraldes.

En virtude do convenio, CaixaBank ofrecerá aos cófrades unha ampla carteira de produtos e servizos deseñados para atender as necesidades específicas do sector, como o Credipesca AgroBank, un préstamo que permite ao pescador ou armador elixir a data do primeiro pago e a periodicidade do resto de pagos, polo que lle concede certa tranquilidade en anos nos que os seus ingresos non sexan os esperados. Ademais, destaca a conta de crédito AgroBank, para afrontar consumos intermedios como poden ser aparellos, cebos, gastos portuarios, etc.

No transcurso do acto, a representante de CaixaBank lembrou a proximidade que a entidade quere manter co sector primario galego, no que a pesca destaca como unha das súas principais actividades. Segundo Abraldes, un dos obxectivos de CaixaBank en 2017 pasa por estreitar o contacto con confrarías e empresas do sector para incrementar a súa competitividade. “A este obxectivo responde”, afirmou, “a liña de financiamento específico de 500 millóns de euros que a entidade pon a disposición de confrarías e armadores para axudar á súa modernización”.

Desde hoxe, CaixaBank poñerá a disposición de todos os membros da Confraría ao seu persoal en Baiona. Os xestores especializados de CaixaBank contan cunha acreditada experiencia en operacións e recursos para o sector primario ao traballar con numerosas empresas e autónomos do ámbito pesqueiro.

AgroBank Pesca

CaixaBank diríxese ao sector pesqueiro cunha oferta específica que aúna innovación tecnolóxica e produtos adaptados ás necesidades de ingresos e gastos das explotacións pesqueiras, confrarías de pescadores e armadores. Un dos seus principais atractivos é a apertura dunha liña de financiamento de 500 millóns de euros, destinada a cubrir as necesidades económicas dos armadores ou implantar o servizo de compra remota nas poxas das lonxas. A oferta pesqueira pretende consolidar a CaixaBank como referente financeiro para un sector moi relevante da economía galega, cunha facturación de primeira venda de pesca fresca de 491 millóns de euros en 2016.

CaixaBank

CaixaBank é un dos maiores grupos financeiros do mercado español, con negocio bancario, actividade aseguradora e investimentos en bancos internacionais e en empresas líderes en servizos. A entidade, presidida por Jordi Gual e cuxo conselleiro delegado é Gonzalo Gortázar, ten preto de 16 millóns de clientes e unha rede de máis de 5.525 oficinas.