Anuncios
Ticker de novas

O voto en contra da oposición impide aprobar a axuda de 3.000 € para o CPA Gondomar

O Club de Patinaxe Artística de Gondomar queda sen a axuda de 3.000 € que desde o goberno local querían achegar para colaborar no financiamento da súa viaxe a China, onde as mozas representarán a España no Campionato do Mundo de Grupos Show.

A proposta do alcalde, Paco Ferreira, non foi apoiada pola oposición no pleno extraordinario celebrado este luns, obtendo os votos en contra de PP, IxG e CABE.

O Club de Patinaxe Artística de Gondomar logrou o terceiro posto na clasificación do Campionato de España celebrado en Cataluña o pasado mes de marzo co seu espectáculo “Alma Torera”, alcanzado así o pase directo para o Campionato do Mundo de Patinaxe Artística de Grupos Show Pequenos que se celebrará en Nanjing (China) o próximo mes de setembro. Para poder levar o seu espectáculo ao continente asiático e cumprir así o seu soño, o equipo necesita reunir un total de 25.000 € co que custear os gastos derivados da viaxe.

As dez patinadoras, que teñen entre 15 e 28 anos, puxeron en marcha unha campaña para a venda de pulseiras e mochilas, ademais de organizar o pasado 24 de xuño unha gala solidaria, que lles permita recadar fondos.

Anuncios