Anuncios
Ticker de novas

O equipo de Superdivisión Masculina da AD Vincios, clasificado para a ETTU Cup Men

FOTO: AD VINCIOS // Os xogadores da AD Vincios Moisés Álvarez, Martín Pintos e Ievgen Pryschepas.

A AD Vincios da máxima categoría masculina do Tenis de Mesa español obtivo esta tempada un éxito sen precedentes ao clasificarse para a ETTU Cup Men, segunda competición europea en importancia despois da Champions League. Nesta competición participan 40 equipos europeos.

O equipo gondomareño disputará a primeira fase da competición no mes de setembro en lugar aínda por designar xunto con outros tres equipos europeos. Para elo o club está buscando patrocinadores que axuden a financiar os custes desta competición europea.

Este é un paso máis do equipo miñorán para facerse un oco entre os máis destacados clubs do continente nunha proba que ten unha tremenda dificultade, posto que se enfrontarán aos equipos que contan nas súas filas con xogadores que se encontran entre os 100 primeiros do ránking mundial.

 

Anuncios