Anuncios
Ticker de novas

Gondomar abre a votación popular do I Concurso de Embelecemento de Balcóns, Ventás e Fachadas

Comeza a votación popular ao mellor balcón do I Concurso de Embelecemento de Balcóns/Ventás e Fachadas da Vila de Gondomar, organizado pola Concellería de Comercio e Turismo.

Os balcóns e fachadas xa están engalanados dende o día 10 de xullo e deberán permanecer adornados ata o día 31 do mesmo mes. Comeza a fase da votación popular, recollida das bases, que suporá o 60% da valoración final de cada balcón participante. A votación popular estará aberta ata o 31 de xullo. As votacións populares realizaranse mediante sistema telemático na páxina web do concello, http://www.concellodegondomar.gal. Cada persoa interesada en votar poderá facelo unha única vez.
Suxírense como elementos a valorar: orixinalidade e creatividade da composición, calidade ornamental, harmonía do conxunto e deseño, laboriosidade, perdurabilidade, e uso de materiais reutilizados en accesorios, tanto en ornamenta floral, coma non floral.

Entre as persoas votantes sortearase un premio que consistirá nunha cea para dúas persoas no carismático Árdora. O gañador do sorteo será elixido ao chou por un software informático entre os participantes.

Anuncios