Anuncios
Ticker de novas

Antonio Liébanas e Carla Guisande gañan o VI Tríatlon Semi Indoor de Baiona

FOTO: PEPE COSTAS // Antonio Liébanas e Carla Guisande no máis alto do podio.

O porto pesqueiro de Baiona foi testemuña este domingo da sexta edición do Tríatlon Semi Indoor Vila de Baiona, organizado conxuntamente pola Concellería de Deportes e Actividades Marítimas e a Piscina Mancomunada da Ramallosa.

A proba constou de tres partes: a primeira, percorrido a nado de 0.5 km, a segunda parte, percorrido en bicicleta estática pedaleando 10 km e a terceira parte, correndo desde o porto pesqueiro ata a gasolineira polo paseo marítimo dando dúas voltas, cunha distancia de 4 km aproximadamente.

As categorías participantes foron un total de tres, veteranos, adultos e Sub 17 nas modalidades masculinas e femininas, compartindo en todas elas as mesmas distancias a completar.

O baionés Antonio Liébanas volveu ser o primeiro dos 140 triatletas en completar a proba, cun tempo de 36’16’’. En categoría feminina, a gañadora absoluta foi a nigranesa Carla Guisande, cun tempo de 40’39’’.

Como gañadores de Baiona subíronse ao podio David Giráldez (38’50’’) e Alicia Lestayo (47’12’’).

CLASIFICACIÓNS TRÍATLON SEMI INDOOR BAIONA 2017

CLASIFICACIÓNS TRÍATLON SEMI INDOOR BAIONA 2017 BAIONESES

CLASIFICACIÓNS TRÍATLON SEMI INDOOR BAIONA 2017 EQUIPOS

CLASIFICACIÓNS TRÍATLON SEMI INDOOR BAIONA 2017 POR CATEGORÍAS

CLASIFICACIÓNS TRÍATLON SEMI INDOOR BAIONA 2017 POR SEXOS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios