Anuncios
Ticker de novas

Actuación de Bloquinho Aperta en Panxón e grupo de baile peruano en Praia América

O Concello de Nigrán ofrece a actuación do “Bloquinho” de samba da Asociación de Percusionistas e Tamborileiros (APERTA) este domingo 16 de xullo ás 20.00 horas no paseo marítimo de Panxón. Esta asociación nace no ano 2004 na cidade de Vigo co fin de apoiar e promover música en xeral, particularmente a percusión. O Bloquinho de samba Aperta é a formación máis destacada por idade, experiencia e popularidade. Esta formación leva ás súas costas infinidade de actuacións en festas, festivais, concertos…

Grupo de baile peruano

O Concello de Nigrán, a través da feira de artesanía instalada en Praia América, ofrece ás 21.00 horas un espectáculo de danza peruana. Os domingos estarán dedicados aos diferentes bailes rexionais de sudamérica, así, o domingo 23 Venezuela será o país protagonista.

Anuncios