Anuncios
Ticker de novas

A Deputación aproba as bases das subvencións para actividades deportivas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases das subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas no ano 2017. Carmela Silva destacou que o investimento para estas axudas é de 450.000€ , o que supón un 90% máis que no 2015. Amais, resaltou que ó igual que o ano pasado estas subvencións destinadas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro “se outorgan polo réxime de concorrencia competitiva, con criterios fixos e obxectivos, ao contrario do que se facía no anterior goberno, que as adxudicaba a dedo”

Para a concesión das subvencións teranse en conta os seguintes criterios: número de deportistas ou equipos participantes, ámbito territorial, número de xornadas, antigüidade e consolidación do evento, inclusión do evento no calendario oficial de competicións, presuposto de gastos e ingresos do evento e achega económica da propia entidade á financiación do evento.

A presidenta da Deputación subliñou que “coa aprobación en Xunta de Goberno cumprimos o obxectivo que nos marcamos de presentar estas bases no mes de xullo, posto que foi recomendación dos técnicos para adecuar os tempos ás necesidades dos clubs e entidades deportivas”. Este programa de axudas para a financiación de campionatos e eventos deportivos serviu no ano 2016 para que se beneficiaran das axudas da Deputación 179 entidades de máis de 40 concellos da provincia de Pontevedra.

Anuncios