Este xoves preséntase en Baiona a Rede de apoio á muller da costa de Galicia

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Mariscadoras na Praia da Ribeira.

Este xoves 13 de xullo preséntase Candieira, a Rede de apoio á muller da costa de Galicia no territorio do GALP Ría de Vigo-A Guarda, que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.

O primeiro encontro será ás 9:30 na Casa da Cultura de Riomaior (R/ Pazos, 1, Vilaboa) e o segundo ás 12:30 no Viveiro de Empresas de Baiona, na Casa do Reloxo (R/ do Reloxo, 5, Baiona). Ambos están dirixidos a representantes técnicos e políticos dos concellos da zona.

Pola tarde será a quenda dos Encontros Sociais, o primeiro no Viveiro de Empresas de Baiona ás 16:00 e o segundo na Casa da Cultura de Riomaior ás 19:00. Aínda que son encontros abertos, a eles están convidadas mulleres pertencentes a confrarías, entidades sociais e empresariais, asociacións culturais, ambientais e persoas a título individual que queiran implicarse no proxecto.

Anuncios