O Concello de Nigrán recorda a obrigatoriedade de manter as parcelas limpas para previr incendios

O Concello de Nigrán recorda aos propietarios de parcelas, tanto de solo urbano como rústico, a obrigatoriedade de manter estes espazos libres de maleza e lixo. Ademais de ser así por motivos hixiénicos, sanitarios e de ornato, trátase dunha medida fundamental para a prevención de incendios forestais, xa que estamos en tempada de máximo risco (entre o 1 de xullo e 30 de setembro).

A roza é unha tarefa esencial para evitar que a vexetación se seque co sol converténdose no mellor material combustible e favorecendo a proliferación de incendios. Como cidadáns, debemos prestar atención a aquelas accións que poden acabar co noso medio natural e poñer en xaque a integridade dos veciños da zona. Por todo elo, o Concello de Nigrán advirte que de non cumprirse esta norma pódese abrir un expediente sancionador que leva aparellado multas de 1.000 euros.

Anuncios