Anuncios
Ticker de novas

Novas reunións informativas en Gondomar para os afectados do Banco Pastor

Dende o Concello de Gondomar, vila na que o Pastor ten unha sucursal dende hai moitos anos, continúan axudando a canalizar as reclamacións, pola vía xudicial ou extraxudicial, que permitan aos afectados obter unha compensación polo prexuízo padecido.

Logo do interese suscitado entre os afectados o día 29 de xuño, continuarase asesorando de forma máis individualizada a partir das 20:00 horas no Centro Neural, os días 13 e 20 de xullo, cos profesionais da avogacía que estiveron anteriormente, Manuel Pérez Arias e Xoán Antón Pérez-Lema, Presidente e Secretario Xeral da Asociación Galega de Consumidores.

Anuncios