Anuncios
Ticker de novas

Conto, comedia e outras lerias con Cándido Pazó en Baiona

Cándido Pazó abre este mércores 12 de xullo o ciclo “Baiona con Humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Será a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.

Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra “El mirlo blanco”. Desde entón é asiduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. É presidente da AADTEG (2005).

Anuncios