Castro e Ladeira organiza un obradoiro de musicoterapia

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza a través do programa «Depo en marcha» da Deputación de Pontevedra un obradoiro de musicoterapia cunha duración de 30 horas. Impartirase os xoves a partir do 7 de setembro de 19:00 a 21:00 horas no salón de actos do colexio de Sabarís.

Os interesados poden anotarse no teléfono 659 325 768 ou a través do correo electrónico, castroeladeira@hotmail.com. Hai que entregar fotocopia do DNI e pagar 6 euros por participante polo total do curso.