Píscore presenta o seu “Concerto Singular” en Baiona

Píscore presenta este martes 11 de xullo o seu “Concerto Singular” na Praza do Concello de Baiona a partir das 23:00 horas. O evento está incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2017, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

Que pasa cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha única marimba. Eles están dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa. Organizarse si que non vai ser tan fácil…

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Anuncios