O CPI Covaterreña inicia o proceso de licitación da cafetería do centro

O CPI Covaterreña de Baiona vén de iniciar o procedemento de licitación da cafetería do centro para o curso 2017/2018. O prazo de presentación de solicitudes será do 11 ao 17 de xullo, ambos os dous incluídos.

O canon mínimo anual para a xestión e explotación do servizo será de 302 euros ao ano. Poderán presentar propostas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar, non se atopen comprendidas en calquera das prohibicións para contratar coa Administración, sinaladas no artigo 60 do TRLCSP.

Deberán presentar na Secretaría do centro a documentación en sobres pechados sen ningún logotipo nin selo identificable:

Sobre nº 1: DATOS IDENTIFICATIVOS
• Anexo I “Declaración responsable” debidamente cumprimentado.
• Fotocopia compulsada do DNI (empresarios individuais).
• Fotocopia compulsada do CIF (persoa xurídica).
• Currículo Vitae profesional.
• Certificado de manipulador de alimentos.

Sobre nº 2: OFERTA ECONÓMICA
• Anexo II “Proposición económica”.
• Anexo III “Lista de prezos”.
• Memoria coa proposta de metodoloxía ou plan de negocio (ver punto 6.4.5 do prego de cláusulas) e melloras propostas no servizo.
• Relación do persoal que atenderá a cafetería no caso de ser diferente do titular da empresa.

Anuncios