Gondomar organiza un concurso de fotografía co móbil para a mocidade

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, quere coñecer cal é ese recuncho preferido dos mozos e mozas do municipio. Para elo propón o concurso de fotos co móbil “Gondomar en Foto”, co que queren promover e difundir o coñecemento do patrimonio natural, social e cultural do Concello de Gondomar a través da visión da mocidade.

As fotografías que se realicen deberán plasmar aspectos da vida cotiá, paisaxes, monumentos, recunchos do Concello no que cada participante nos amose eses espazos por descubrir.

As bases do concurso estarán na páxina web do Concello de Gondomar www.concellodegondomar.org. As 10 mellores fotos valoradas polo público a través dos “me gustas” serán utilizadas para fins de promoción do Concello.

As datas de presentación das fotos será do 10 de xullo ao 6 de agosto. Do 8 ao 13 de agosto o público poderá valorar as instantáneas presentadas e o 17 de agosto daranse a coñecer as 10 mellores.

Para máis información ver as bases na páxina web do Concello de Gondomar ou na OMIX.

Anuncios