«Ocho apellidos catalanes» inicia o ciclo «Cine na Rúa» do Baiverán 2017

Fotograma da película "Ocho apellidos catalanes".

Este luns 10 de xullo ás 23:00 horas comeza o ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

O primeiro título que baioneses e visitantes poderán ver na Praza do Concello é “Ocho apellidos catalanes”, protagonizada por Dani Rovira, Clara Lago, Karra Elejalde, Carmen Machi, Berto Romero, Belén Cuesta e Rosa María Sardà.

As alarmas de Koldo (Karra Elejalde) acéndense cando se decata de que a súa filla Amaia (Clara Lago), tras romper con Rafa (Dani Rovira), namorouse dun catalán (Berto Romero). Decide entón poñer rumbo a Sevilla para convencer a Rafa de que o acompañe a Cataluña para rescatar a Amaia dos brazos do novo e do seu ambiente. Secuela de «Ocho apellidos vascos».