Gondomar dedica a xornada do luns a San Cristovo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Comisión de Festas de Gondomar, en colaboración co Concello, a Concellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra, volven traer unha ano máis as Festas Patronais de San Bieito, que comezaron o venres e prolongaranse ata o mércores 12 de xullo.

A xornada do luns 10 estará dedicada a San Cristovo, patrón dos condutores. O programa comezará ás 10:00 da mañá co pasarrúas a cargo da Charanga Vai de Baile. Ás 12:00 horas arrancará a caravana automobilística con saída en Vincios (á beira da gasolineira da Pasaxe), e ás 12:30 celebrarase a Misa Solemne. Ao finalizar sairá a procesión na honra de San Cristovo acompañada pola mesma charanga e a continuación terá lugar a popular bendición de coches. Xa pola noite, a orquestra Solara amenizará a verbena.

As festas continuarán con máis pasarrúas, verbenas, as poxas a cargo de Carlos Riveiro, coñecido como Carlos de Gondomar, as ofrendas florais e os actos relixiosos. Tampouco faltan as atraccións para que os nenos e nenas divírtanse na festa.

Luns 10 de xullo, na honra de San Cristovo

Ás 10:00 h. pasarrúas a cargo da Charanga Vai de Baile
Ás 12:00 h. Caravana automobilística con saída en Vincios
Ás 12:30 h. Misa Solemne e procesión na honra de S. Cristovo acompañada pola devandita Charanga. A continuación Bendición dos Coches
Verbena coa Orquestra Solara

Martes 11 de xullo, na honra de San Bieito

Ás 11:00 h. pasarrúas a cargo da Banda Agrupación Musical de Belesar
Ás 12:00 h. Misa Solemne e procesión na honra de S. Bieito acompañada pola devandita Banda
Ás 13:00 h. Concerto da Banda Agrupación Musical de Belesar
Verbena coa Orquestra Trobadores

Mércores 12 de xullo, na honra de San Antonio

Ás 18:00 h. Poxas na honra de S. Antonio a cargo de Carlos Riveiro «Carlos de Gondomar»
Ás 20:30 h. Misa Solemne e procesión na honra de S. Antonio
Verbena coa Orquestra Saudade

Actos relixiosos

O 11 de xullo haberá misas ás 07:00, 08:00, 09:00, 10:00, 11:00, 13:00, 17:30, 18:30, 19:30, 20:30 e 21:30 h., ademais da Solemne ás 12:30 h.

O 12 de xullo despois da Misa das 20:30 h. na honra de San Antonio terá lugar a Festa da Gratitude e ofrenda de flores á Virxe do Carme.

O 16 de xullo ás 20:30 h. haberá Misa e procesión na honra da Virxe do Carme.

Anuncios