Anuncios
Ticker de novas

O Frades Sunset Festival amplíase a dous días e pecha o cartel co recoñecido DJ baionés Yaggo

Yaggo, o DJ baionés que triunfa no panorama internacional da música electrónica, será o encargado de abrir e pechar a cuarta edición do Frades Sunset, o festival gratuíto que organiza o Concello de Baiona e que nesta ocasión amplíase a dous días (18 e 19 de xullo).

DJ Yaggo e Ludwig Van Brothers, ambos os dous de Baiona, Traffic House, DJ Ángel Vakeiro e Gabry Domínguez, ademais da performance a cargo de Pablo Méndez, son as últimas incorporacións ao cartel dun festival único na nosa comunidade e que despois de catro anos xa é unha referencia dos ritmos electrónicos en Galicia.

“Este ano ampliamos o Frades Sunset a dous días porque queremos ofrecer ao noso público razóns para quedarse en Baiona e desfrutar da nosa Vila cun festival que xa é un referente en toda Galicia”, apunta María Iglesias, concelleira de Cultura, antes de destacar que os concertos celébranse nun lugar incomparable polas súas postas de sol ao pé do Monte Boi.

Despois de tres anos repetindo éxito tras éxito, as concellerías de Cultura e Turismo, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), deseñaron un atractivo cartel encabezado por Fonsi Nieto, Abel Ramos e Olga Ryazanova para converter a praia de Frades no epicentro da música electrónica.

Así, o Frades Sunset comezará ás 21:00 horas do 18 de xullo coa actuación do mencionado DJ Yaggo, quen xa participou en todas as edicións do festival e que asesora ao Concello cada ano para configurar o cartel. Ese mesmo día, tamén estarán Groove Amigos e Ludwig Van Brothers, para rematar con Fonsi Nieto.

Ao día seguinte, o hora de apertura será ás cinco da tarde e o peche ás cinco da madrugada. Nesta ocasión, a apertura será para Traffic House, DJ Ángel Vakeiro e Gabry Domínguez, mentres que Abel Ramos e Olga Ryazanova serán os encargados de baixar o telón da cuarta edición do Frades Sunset. Ademais, Pablo Méndez animará a festa coas súas performance e haberá zona chill-out, servizo de barra e food-truck’s.

2017-07-08 - 19702414_841859935978918_6068646284951609100_n

Anuncios