Anuncios
Ticker de novas

II Festa da Sardiña no Centro Cultural de Baredo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Centro Cultural A Cela de Baredo organiza este domingo 9 de xullo a partir das 14:00 horas a II Festa da Sardiña. A ración con sardiñas, cachelos, pan, viño ou auga terá un prezo de 6 euros para os socios e de 8 euros para os non socios, mentres que a composta por costela asada ao forno, cachelos, pan, viño ou auga custará 8 euros para os socios e 10 euros para os non socios. Tamén haberá sobremesas a 2 euros e empanada a 3 euros, ademais de menú infantil ao 50%. Recóllense encargos nos teléfonos 606 983 279 ou 647 108 303. O evento estará amenizado por un grupo de gaiteiros.

Anuncios