Anuncios
Ticker de novas

A Travesía a Nado de Baiona logra o seu récord con máis de 330 inscritos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A oitava edición da Travesía a Nado de Baiona logrou este ano o seu récord de inscrición despois de pechar o prazo con 50 participantes máis que no ano 2016. A proba celébrase esta sábado en colaboración coa Piscina Mancomunada do Val Miñor.

Un total de 333 nadadores (282 o ano pasado) están xa inscritos para participar este 8 de xullo na VIII Travesía a Nado de Baiona. O prazo pechado o pasado mércores deixa cifras moi superiores ás da edición anterior ao apuntarse 245 persoas na categoría de veteranos e adultos, outros 35 en Sub-16 e 53 en Sub-12.

As probas, organizadas dende a Concellería de Actividades Marítimas, comezarán este sábado a partir das 17.00 horas en varias categorías e distancias de carácter mixto: Sub-12 – 200 metros (nados no ano 2005) a partir das 17.00 horas na praia da Ribeira; Sub-16 – 500 metros (2004 – 2001) ás 17.15 tamén na praia da Ribeira, e adultos (1977 – 2000) e veteranos (1976) cunha distancia de 1.900 metros e saída ás 18.00 horas dende a praia da Barbeira e chegada na Ribeira.

Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina. Tamén haberá clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregásense agasallos e avituallamentos a todos os participantes a través dos patrocinadores e colaboradores: Coca Cola, Arena, Carrefour, Cardio Bayona, Frutas María Vilar, La Caixa, MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, Protección Civil, WetSports Ladeira, Waira e Portos de Galicia.

Anuncios