
A Xunta Directiva do Gondomar Club de Fútbol convoca a todos os seus socios á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o próximo día 15 de xullo ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.
A Asemblea desenvolverase no Centro Neural, situado no edificio da Policía Municipal de Gondomar, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación do acta anterior.
2. Informe da decisións tomadas na Xunta durante a tempada 16/17.
3. Informe do Presidente.
4. Informe de tesourería da tempada 16/17.
5. Proxecto deportivo para a tempada 17/18. Creación de categorías inferiores.
6. Orzamento para a tempada 17/18.
7. Rogos e Preguntas.