Anuncios
Ticker de novas

O baionés Anxo Uzal asiste á concentración de novos talentos no CGTD de Pontevedra

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE LOITA

Durante as dúas primeiras semanas de xullo, a Federación Galega de Loita e D.A. leva a cabo dúas concentracións para os novos talentos deportivos que queren acceder ao CGTD de Pontevedra.

En total están concentrados 12 mozos e 6 mozas, entre os que se atopa o baionés Anxo Uzal, do Club de Loita Sabarís. Durante as dúas semanas que dura a concentración, do 1 ao 14 de xullo, todos os adestramentos están dirixidos polo técnico Alexander Kachelaev.

Xunto con esta concentración, tamén se está levando a cabo a preparación para os deportistas convocados coa Selección Nacional absoluta de cara o Torneo Internacional Gran Premio de España de Loitas Olímpicas, que terá lugar o 15 de xullo en Madrid. Os 18 deportistas convocados, compartirán dobre sesión de adestramento durante esta semana.

Anuncios