Nigrán programa preto dun cento de actividades de ocio e cultura para o mes de xullo

O Concello de Nigrán programa para este mes de xullo preto dun cento de actividades de ocio, cultura e deporte para todas as idades e que se desenvolverán nas diferentes parroquias. O calendario foi deseñado xunto ás asociacións culturais e veciñais co obxectivo de unir forzas e non solapar nunca eventos. Así, neste mes terán lugar festivais de música xa consolidados como Nigranjazz (28 e 29 de xullo no esteiro de A Foz) , roteiros a cargo do Instituto de Estudos Miñoráns, teatro con Cultura no Camiño, deporte na praia… Todo elo unido a grandes novidades como o “Nigrán Paint Party” o 15 de xullo ou os concertos “Solpor” en Monteferro (21 e 22 de xullo). «En definitiva, trátase dun amplo abano destinado a todos os públicos e para todos os gustos e que terá continuidade en agosto con eventos tan importantes como o festival “Vive Nigrán” ou o concerto de Pablo Milanés coa coral Stella Maris», resumiu o alcalde, Juan González.

A programación arrancou xa a fin de semana pasada co I Campionato de Scooter en Porto do Molle ou o concerto da Unión Musical de Coruxo na Alameda de San Campio e continúa dende onte coas sesións deportivas na praia, así, este verán renóvanse as clases de zumba en Praia América-Lourido (luns, martes, mércores, venres e sábado ás 18:45 horas) e en Patos (martes, xoves e venres ás 18.00 horas e o sábado 15 ás 19.30 mastes class e o sábado 22 hipopresivos).

A principal novidade deste mes será o festival “Solpor”, que terá lugar en Monteferro o 21 e 22 de xullo á tardiña co obxectivo de desfrutar da espectacular posta de sol da man de grupos de música emerxentes de Nigrán. «Será un evento gratuíto que, como o Nigránjazz na Foz e o Vive Nigrán en Praia América-Lourido, poñerá en valor os nosos marabillosos escenarios naturais. Ademais, neste caso queremos apoiar aos grupos locais dándolles o espazo estelar que merecen dentro da programación do Concello», resume o alcalde, Juan González.

A outra gran novidade é a “Nigrán Paint Party” o 15 de xullo, unha festa nacida en Ibiza e que de 15.00 a 23.00 horas combinará música electrónica en directo con choiva de 2.000 litros de pintura, canóns de CO2, FX, animación… Ademais haberá 8 Djs, escenario xigante, megatrón, pirotecnia e os mellores efectos visuais á altura dos grandes festivais. As entradas, dende 10 euros, xa están a venda en https://www.entradasatualcance.com/midnight-paint-party-en-nigran/. «Queremos ofrecer unha programación con eventos pensados para todos os públicos, neste caso é unha gran festa con moito tirón entre a mocidade e que significa divertirse nun ambiente saudable e durante todo o día», resume González.

E si un evento é referencia de calidade en Nigrán é o Festival NigránJazz, que celebra a súa undécima edición o 28 e 29 de xullo coincidindo un ano máis coa instalación de Food Trucks no Parque de A Ramallosa, poñendo ambos o mellor broche final ao mes de xullo. Ademais, como o ano pasado, o Instituto de Estudos Miñoráns súmase á programación cun roteiro marítimo e nocturno o venres 14 (con inscrición previa no IEM) ou pola parroquia de Camos o xoves 27 ás 18.00 horas dende o Concello.

Na competición deportiva destaca o rugbi na praia o sábado 29, o trofeo de bolos celta San Fiz o 29 e 30, ou o campionato galego de balonmán en Praia América o luns 24.

Por outra banda, os máis pequenos terán todos os venres e sábados obradoiros na xa tradicional Feira de Artesanía de Praia América (que estará ata finais de agosto) e os sábados haberá durante todo o día en Praia América actividades acuáticas totalmente gratuítas. Ademais, como cada ano, o Concello de Nigrán e os diferentes clubs do municipio organizan os campus deportivos semanais.

A programación a completan festas como a de Santiago e Santa Ana en Parada ou a da Virxe do Carme en Praia América; sardiñadas, festas gastronómicas (como a do mexillón o domingo 23 en Camos), teatro…

AXENDA_XULLO_NIGRAN