Toni Castillo e Ángel Lorenzo gañan o primeiro campionato de scooter de Nigrán

60 riders participaron o sábado no primeiro campionato de scooter (patinete freestyle) organizado polo Concello de Nigrán na contorna da pista de half de Porto do Molle, un dos poucos eventos desta disciplina en Galicia e que reuniu aos mellores a nivel nacional.

En categoría Pro impúxose Toni Castillo Bermúdez, que ademais recibiu o Premio ao Best Trick patrocinado por Qguay.es. Adrián Cabanelas foi segundo e Sergio Iglesias Villanueva terceiro. En Master o gañador foi Ángel Lorenzo Alían, acompañado no podio por Pedro Rosales Rivas e Mauro Martínez Domínguez, segundo e terceiro respectivamente.

A competición arrancou ás 11.00 horas con inscricións e adestramentos durante toda a mañá para renovarse ás 17.00 horas coas roldas clasificatorias. Os encargados de entregar os trofeos aos tres primeiros de cada categoría foron Abilio Senra, colaborador deportivo do evento, Rubén Rial, Tenente de Alcalde de Nigrán, Luis Sanromán, concelleiro de Deportes, e Yaco de Cromoly e Adolfo Senra, colaboradores do evento.

Desde Porto Scoot agradecen ao Concello de Nigrán, o seu alcalde, Juan A. Gonzalez, e o seu concelleiro de deportes, Luis Sanromán, por apoiar este evento deportivo e darlles a oportunidade de crealo, así como a todos os colaboradores oficiais como Cromoly , Qguay , Deputación de Pontevedra, District Madd Gear, GRIT SCOOTERS , District España.

Tamén a todas as colaboracións que fixeron posible a entrega de todos os premios e agasallos. Concello de Nigrán, Adegas Terras Gauda, Centro de Estética Nieves Durán, Área Sport Nigrán , Pizzería Pastelería Doña Elena, Kangaroo Idiomas, Drongal, Asociación Cultural As Angustias, Cromoly e Qguay.

“Desde Porto Scoot queremos darlle as grazas á súa organización e colaboradores, a todos os riders que asistiron ao evento e a todo o público que se achegou ata Porto do Molle, sen eles nada disto fose posible”.