Anuncios
Ticker de novas

O gondomareño Jose Rodríguez novo campión galego intermodal de bolos celta

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Jose Rodríguez na Gala do Deporte da Federación Galega de Bolos.

Organizado pola Federación Galega de Bolos, o pasado fin de semana celebrouse en Camos (Nigrán), o campionato galego intermodal de bolos celta. Participaron un total de 100 xogadores de categorías: sénior, feminina, veteranos, xuvenil e categorías inferiores, representando ás 4 provincias galegas.

Os campos de xogo estaban situados en Barreiros, San Roque e Casa de Cultura de Camos. O campionato comezou o sábado ás 10:00 horas e rematou o domingo ao redor das 13:00 horas. Xogáronse 10 modalidades diferentes de birlos: 4 pertencentes a Lugo; 4 a Pontevedra, 1 a Ourense e a última á Coruña.

Con pequenos fallos de organización, era a primeira vez que se organizaba un campionato desta categoría, pero finalmente liquidados pola organización chegouse ao remate do campionato e con iso á entrega de premios aos gañadores finais.

Asistiron á entrega de trofeos, o delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia,  o alcalde e concelleiro de deportes do Concello de Nigrán e a concelleira de deportes de Baiona.

Os gañadores finais foron:

CATEGORIA SÉNIOR:
Gañador absoluto do torneo: JOSE RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ do club de bolos Mañufe de Gondomar.
Segundo clasificado: ARTURO VIGO CASAVELLA do club de bolos Xove de Lugo.
Terceiro clasificado: INOCENCIO VALVERDE GONZÁLEZ do club de Bolos Xunqueira de Gondomar.
Cuarto clasificado: ALBERTO GONZÁLEZ BOUZADA do club de bolos Xunqueira de Gondomar.
Quinto clasificado: JOSE MANUEL TORRES NICOLAO do club de bolos San Cibrán de Gondomar.
Sexto clasificado: CARLOS J. RODRÍGUEZ CASAVELLA do club de bolos Xove de Lugo.
Sétimo clasificado: ROBERTO PAZ MISA do club de Bolos San Cibrán de Gondomar. Oitavo clasificado: JORDI MEITÍN SERANTES do club de Bolos Xove de Lugo.

CATEGORÍA FENIMINA:
1ª clasificada: PAULA LÓPEZ LÓPEZ do club de bolos Boiro de A Coruña.
2ª clasificada: JULIA LÓPEZ FORMOSO do club de bolos Xove de Lugo.
3ª clasificada: BLANCA LAGO MISA do club de bolos Estivada de Baiona.

CATEGORÍA VETERANOS A:
1º clasificado: JESÚS FERNÁNDEZ REIGOSA do club de bolos Ribatra de Lugo.
2º clasificado: JESÚS RODRÍGUEZ PÉREZ do club de bolos Camos de Nigrán.
3º clasificado: AMÉRICO PÉREZ DÍAZ do club  de bolos Ribatara de Lugo.

CATEGORÍA VETERANOS B:
1º clasificado: PEDRO LAGO MARTÍNEZ do club de bolos Estivada de Baiona.
2º clasificado: ALBERTO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ do club de bolos San Cibrán de Gondomar.
3º clasificado: GUILLERMO FERNÁNDEZ REIGOSA do club de bolos Ribatra de Lugo.

CATEGORÍA XUVENIL:
1º Clasificado: DANIEL ALONSO LÓPEZ do club de bolos Xove de Lugo.
2º clasificado: MIGUEL LÓPEZ FORMOSO do club de bolos Xove de Lugo.
3º clasificado: XOEL MARTÍNEZ FERREIRA do club de bolos Estivada de Baiona.

CATEGORÍAS INFERIORES:
SANTIAGO MARTÍNEZ ÁLVAREZ do club de Bolos Medialdea de Baiona y JORGE RIAL NÚÑEZ do club de bolos Ceán de Nigrán.

Anuncios