A XXVII edición do Vila de Baiona reuniu a máis de 380 xogadores

Finalizou a XXVII edición do Vila de Baiona, este ano coa colaboración de Lestayo, unha edición na cal o Torneo ofreceu unha semana de deporte a máis de 380 xogadores.

Ademais este ano o Vila tivo un fin solidario que era o da recollida de útiles e roupa para os máis desfavorecidos, grazas á Asociación de Baiona Ayuda al mundo necesitado logrouse ordenar e limpar toda a roupa que foi moita.

Ademais o Vila sempre se caracterizou pola integración, este ano 3 equipos participaron nesta categoría, e como novidade realizouse un partido coa Asociación Feafes de Vigo.

O Torneo abarcou todas as categorías, en base como sempre todos foron campións, porque todos os nenos que participan levan o mesmo premio. En infantil o Poio venceu aos Espartanos de Baiona nun disputado partido. En cadete a Aldea venceu ao Albergue de Tui, en xuvenil Visita Tui venceu ao One Coffe e en sénior o Bar Vilariño venceu aos Fuskos de Baiona.

Destacar a participación do Verín en cadetes e a gran deportividade dos equipos.

Esta é a sétima edición que organiza o Baíña FS e como sempre subindo o número de participantes. Destacar o apoio do Concello de Baiona.