II Xincana de Chimpíns e Carretillos en Vincios

FOTO: COMISIÓN DE FESTAS SANTA MARIÑA DE VINCIOS

A Comisión de Festas de Santa Mariña de Vincios organiza este sábado 1 de xullo ás 17:00 horas a II Xincana de Chimpíns e tamén Carreira de Carretillos con grandes premios. As inscricións para participar teñen un prezo de 5 euros. Ademais, haberá unha exposición de tractores antigos e pola noite, festa de peche da Taberna da Comisión con churrascada e música.