
O Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue, en colaboración co Concello de Nigrán, ofrece unha fin de semana de teatro. Por unha banda, a súa compañía “Entre Lusco e Fusco” (galardoada co Premio Nigrán 2017 no eido cultural) ofrece ás 20.30 horas do sábado unha representación e o domingo á mesma hora será a quenda do grupo Atrezzo de Ponteareas.