Galicia en Danza actúa este venres en Baiona

A Escola de Baile «Galicia en Danza» de Baiona celebra este venres, día 30 de xuño, a súa Gala de Fin de Curso, a partir das 22:00 horas na Praza do Concello de Baiona. Os alumnos e alumnas da escola mostrarán o aprendido ao longo do curso con coreografías de todos os estilos.