I Concentración de Vehículos Racing e Deportivos en Donas

A Comisión de Festas de Donas organiza este sábado día 1 de xullo a I Concentración de Vehículos Racing e Deporivos. Haberá unha ruta con visita, sorteo e exposición por só 23 euros/persoa (nenos ata 12 anos 10 euros).

Os participantes reuniranse no recinto do Centro Cultural ás 11:00 da mañá. A partir das 21:00 horas haberá unha exposición de coches de rally, amenizada por DJ Blach.

As inscricións poden realizarse ata este xoves, 29 de xuño, no teléfono 626 87 94 97 ou a través do correo electrónico ariascaride@gmail.com. Hai que realizar o ingreso no número de conta ES63 2080 5072 6030 4001 3300 engadindo no concepto o nome do participante, marca e modelo do vehículo.