Dous feridos nunha colisión múltiple en Nigrán

Sobre as 11:00 horas, ocorría un accidente múltiple en Panxón, na estrada que une Vigo e Baiona, a PO-325 e dúas persoas resultaron feridas. Tras recibir a alerta de varios particulares que informaban da colisión entre tres ou catro turismos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas e dos axentes de Tráfico e da Policía Local. Así mesmo, informouse aos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos do GES e de Protección Civil de Val Miñor. A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia.