Brais Gómez formará parte da Selección de Galicia no Campionato de España de Ciclismo Escolar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Brais Gómez Cima formará parte da Selección de Galicia no Campionato de España de Ciclismo Escolar que se celebrará en Ávila do 7 ao 9 de xullo. A Federación Galega de Ciclismo deu a coñecer este mércores a lista definitiva dos corredores seleccionados. O baionés, integrante do Ponteareas, participará na categoría estrada cadete.