
O vindeiro martes 4 de xullo dará comezo o primeiro obradoiro de verán organizado pola Aula de Inglés do Centro Cultural de Baredo.
A actividade foi deseñada para que os seus participantes non perdan o contacto co idioma durante o verán e realicen actividades orientadas a reforzar as catro destrezas esenciais para comunicarse dunha forma clara e completa.
O obradoiro desenvolverase integramente en inglés durante os meses de xullo e agosto, un día á semana e en horario adaptado á primeira hora da tarde.
Poden solicitar información no 690 815 835.