Nigrán retira un niño de vespa velutina cunha nova pértega capaz de alcanzar os 25 metros

O Concello de Nigrán, de mans do seu edil de Sanidade Alfonso Vázquez, retirou onte un niño de vespa asiática na parroquia de Camos empregando unha nova pértega telescópica adquirida polo consistorio por 1.700 euros. O niño era de gran tamaño e estaba situado no alto dunha pereira a uns 10 metros do chan. Grazas a este aparato, que alcanza os 25 metros, é posible chegar ás zonas de difícil acceso, xa que permite pinchar o niño e, a través dunha bomba e un tubo adherido a mesma, introducirlle o veleno.

Aínda que da retirada dos niños de velutina é responsable a Xunta de Galicia, dende o Concello de Nigrán realízase esta tarefa nos casos que existe unha maior urxencia debido ao seu perigo pola proximidade de vivendas, como era este caso. Así mesmo, o Concello de Nigrán repartiu este ano 130 trampas de feromonas en diferentes puntos estratéxicos do municipio para atrapar ás raíñas.

Anuncios