Anuncios
Ticker de novas

Curso de formación da Rede de Varamentos de Galicia en Nigrán

FOTO: CEMMA // Unha das xornadas de formación sobre varamentos impartidas polo CEMMA.

O Concello de Nigrán colabora co CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) nas xornadas formativas da Rede de Varamentos de Galicia que terán lugar dende este venres ao domingo no Auditorio Municipal. O curso está deseñado dentro do proxecto “Mellora de medios e formación da Rede de Varamentos de Galicia” e a inscrición é obrigatoria e gratuíta ata mañá 28 de xuño (a través do correo cemmaorganizacion@gmail.com).

O curso, impartido por diferentes expertos na materia e cun horario de 10.00 a 14.00 e 16.00 a 18.00 horas (agás o domingo, que é so matinal) tratará dende a identificación de arroaces, á recuperación de lobos mariños, as capturas accidentais, a situación do momo en Galicia… O domingo se reserva para a parte práctica con avistamento costeiro, fotoidentificación, asistencia e simulacro de rescate.

Este proxecto foi presentado á convocatoria de axudas Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro-GALP para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, financiado polo Fondo Europeo da Pesca.

Diapositiva 1

Anuncios